Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O DÍA DESPOIS DA LIBERACIÓN DO ALAKRANA

A Xunta pide que o goberno español dea “explicación inmediatas” porque “as cousas non se fixeron ben”

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, cre que é prioritario establecer medidas de seguridade para que non se repitan os feitos.

Redacción - 13:18 18/11/2009

Cando aínda non se cumpriran 24 horas dende a fin do secuestro do 'Alakrana', o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que rematara a tregua co goberno español ao que lle demanda “explicacións inmediatas” sobre o rescate. Adiantou que para a Xunta “é evidente que as cousas non se fixeron ben”. Aínda así, Rueda di que non van facer unha valoración política completa até que o executivo de Rodríguez Zapatero dea explicacións “máis amplas”.

Dende o Goberno queren que se garanta a seguridade dos mariñeiros que aínda faenan no Índico e que establezan políticas claras para lograr este obxectivo. Tamén garantiu que a Xunta facilitará o apoio psicolóxico e sanitario que precisen os oito mariñeiros galegos, que chegarán a Galiza esta fin de semana.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: