Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Axenda musical

Manzaneda inaugura o seu festival 'A Rebusca'

Milladoiro abre xira en Vigo, e chegan a Galiza Black Joe Lewis, Tender Forever, Yann Tiersen, María del Mar Bonet e Chico Trujillo.

Redacción - 18:01 20/11/2009

A Rebusca é o novo festival de Manzaneda. Bota a andar este sábado da man dos Cuchufellos, que ademais encabezan o cartel dunha xornada que mestura música, artesanía, xantar popular e xogos tradicionais. Para que a chuvia non espante o público, as actividades desenvolveranse nun pavillón e nunha carpa. Ademais dos Cuchufellos, tocarán en Manzaneda Ulträqäns, Cé Orquestra Pantasma, Humanity, Eche o que hai e Musarapas.

O de Manzaneda será un dos últimos festivais ao aire libre do ano. Co inverno cobran protagonismo os concertos nas salas, e esta fin de semana hai un bo feixe de citas interesantes. Milladoiro inicia o sábado no Centro Cultural Caixanova de Vigo a súa xira galega na que festexa o 30º aniversario da publicación do seu primeiro disco. Soarán en Galiza o soul-funk de Black Joe Lewis, Tender Forever na primeira vez que o festival Sinsal chega a Ferrol, a reinvención rock do bretón Yann Tiersen, a canción mediterránea de María del Mar Bonet e unha das bandas máis populares de Chile, Chico Trujillo.

Esta é a axenda co máis destacado da fin de semana.

Venres 20 de novembro
Sojazz no Pub O Muíño de Cervo
Tender Forever na capela do Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
Sweet Oblivion Band na Sala Run Rum de Ferrol
Triceratops e Music Box no Mardi Gras da Coruña
Dirty Socks no Pub d'Anton da Laracha
Uxu Kakhus no Clavicémbalo de Lugo
Debuxos Reanimados na Fundación de Melide
Sugar Mountain no Pub Gatos de Melide
Black Joe Lewis na Sala Capitol de Santiago de Compostela
Misquious na Sala Leñaverde de Boiro
Aló Django na Zona Zero de Caldas de Reis
Le Punk na Sala Karma de Pontevedra
Telephones Rouges e Sr. Anido no 7 Flores do Carballiño
Samesugas na Baranda do Barco de Valdeorras
Lisandro Aristimuño no Auriense Café Cultural de Ourense
Doctor No no Sister Ray de Cangas
Milladoiro no Centro Cultural Caixanova de Vigo
Os Carunchos e Jamila Purofilin no Bar Liceum do Porriño

Sábado 21 de novembro
Quarteto Sofia Ribeiro & Gui Duvignau na Sala Run Rum de Ferrol
Noise Project, The Friendows e Disco Las Palmeras! no Ola Green da Coruña
Los Deltonos na Mardi Gras da Coruña
Kogito en Le Club da Coruña
Sweet Oblivion Band na sala The Star de Carral
Invivo no Badulake de Ordes
Pito de Pikasso no Xanela de Vilalba
Minim no Clavicémbalo de Lugo
Espido no acto nacional contra a violencia de xénero do BNG en Santiago de Compostela
Yann Tiersen e Matt Elliott no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela
Brothers in Band en El Otro Caimán de Monforte
The 38Beats no Con do Moucho da Illa de Arousa
Serán no antigo Cine Capitol da Illa de Arousa
María del Mar Bonet no Teatro Principal de Pontevedra
Cosecha Roja no Auriense Café Cultural de Ourense
Faino Ti na SalaSon de Cangas
Serán no casino de Calvos, em Fornelos de Montes
Basia Bulat, Dawn Landes e Hello Saferide no Centro Cultural Caixanova de Vigo
Lisandro Aristimuño en El Ensanche de Vigo
Arenga na Revolta de Vigo Zamaramandi en La Iguana Club de Vigo
Second na Mondo de Vigo
Coyote Express na Regueifa de Ponteareas
Guezos no Vagalume de Salvaterra de Miño

Domingo 22 de novembro
Chico Trujillo no Aturuxo de Bueu
Serán en Lourido, Salvaterra de Miño


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: