O suposto rigor científico baséase en que son máis compatíbeis as persoas con diferente sistema inmune.
Dúas compañías especializadas en xenética aseguran que lles atoparán parella ás persoas que o desexen baseándose nunha proba de ADN, demostrando os beneficios da compatibilidade biolóxica. Segundo as empresas, esa combinación garante mellor sexo, menos infidelidades, amor máis duradeiro e mesmo crianzas máis sas.
Unha das primeiras webs especializadas en compatibilidade xenético-sentimental é ScientificMatch.com, que non revelou cantas persoas solicitaron os seus servizos. Si ofreceu esta información GenePartner, empresa suíza que asegura que superou o milleiro de inscricións, entre elas xente xa con parella que tiña "curiosidade". O test desta empresa custa 99 dólares (66 euros), e ofrecerase na web Sense2love.com, que volverá funcionar en decembro.
A idea é que a xente tende a sentirse atraída polas persoas que teñen xenes do sistema inmune distintos dos seus. Eses mesmos xenes tamén marcan o olor corporal persoal, o que provoca a atracción das persoas con carga xenética diferente.
Pero estes supostos estudos son tachados de "ridículos" por expertos en xenética, que consideran que a iniciativa é unha simple engano.