A terceira vitoria consecutiva do equipo galego (83-66) produciuse grazas ao seu acerto desde o perímetro.
Foto: ACB.com
Un Xacobeo Blu:Sens imparábel conseguiu este domingo a terceira vitoria consecutiva logo de vencer por 83 a 66 o Unicaja que xa acumula seis derrotas sobre sete posíbeis, graza ao acerto nos tiro de tres. Estiveron atinados neste papel Vasileiadis, Bulfoni e Terry.
Como anécdota, hai que destacar que a luz marchou do pavillón multiusos Fontes do Sar -ao que se achegaron uns cinco mil espectadores- en dúas ocasións. Fontes da instalación deportiva informaron de que os apagamentos debéronse a "cortes externos da subministración eléctrica". Fenosa indicou, pola súa banda, que se debeu a unha avaría na subestación de Outeiro do Sar. O partido foi retransmitido en directo pola TVG.
Ficha técnica:
83 - Xacobeo Blu:sens (23, 16, 24, 20): Stanic (10), Sánchez (7), Vasileiadis (21), Terry (19) e Higgins (4) -quinteto inicial- Aguilar (2), Manzano (7), Bulfoni (7), Djedovic (4) e Hettsheimeir (2).
66 - Unicaja (20, 9, 16, 21): Dean (11), Welsh (4), Jiménez (12), Archibald (6), Cook (9) -quinteto inicial- Berni Rodríguez (2), Louro (5), Lima (8), Freeland (9) e Williams (-).