Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GOBERNO ESPAÑOL, RECEPTIVO

Cobrar o paro e traballar a media xornada poderían ser compatíbeis

A ministra de Economía amósase disposta a negociar a implantación deste modelo que xa funciona en Alemaña para mitigar o aumento do desemprego.

Redacción - 17:16 10/11/2009

Traballar a media xornada e cobrar as prestacións por desemprego. A vicepresidenta segunda do goberno español e ministra de Economía e Facenda amosou a súa disposición a estudar a implantación deste modelo que, por outra parte, xa funciona en Alemaña. O obxectivo sería atenuar o aumento do paro na actual situación de crise.

A posibilidade de combinar as prestacións sociais co cobro de axudas públicas permitiría dunha banda que traballadores de empresas con problemas "teñan a opción de poder compatibilizar unha axuda por desemprego co mantemento de algunhas horas de traballo". Da outra banda, permitiría que persoas inscritas no servizo público de emprego aceptasen un traballo malia que, inicialmente, non lle compense economicamente (porque cobrasen máis de paro que traballando a media xornada).

"As organizacións sindicais máis importantes están dispostas a falar deste tema", dixo Elena Salgado, "e o goberno español tamén o está". Por outra parte, sindicatos e patronal xa amosaron a súa disposición a desbloquear o diálogo social, paralizado antes do verán, unha vez que conclúa a negociación dos convenios colectivos para 2010. A ministra xa adiantou que este tema estará tamén presente nas conversas das próximas semanas.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: