Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Navegadores

Despois de oito anos, o Explorer 6 segue a ser líder

Segundo o informe mensual de Net Applications, o software de Microsoft segue a perder cota de mercado fronte aos rivais, encabezados por Firefox.

Redacción - 11:25 04/11/2009

Os últimos datos sobre uso de navegadores web no mundo amosa que segue a descender a cota de mercado do Internet Explorer de Microsoft. Aínda así, o Explorer 6, un programa publicado hai oito anos, segue a ser o máis empregado, malia os seus graves problemas de seguridade.

Segundo a análise de Net Applications, no mes de outubro o conxunto de versións do Explorer acadaron o 64% do mercado, un punto menos ca en setembro. Ademais, destaca que o IE8 superou xa o IE7. O Mozilla Firefox supera o 24%, segundo o mesmo estudo, aínda que o navegador que máis medra proporcionalmente é o Chrome de Google (3,5%), que se aproxima ao Safari de Apple, que anda polo 4,4%.

Os datos de Net Applications tradicionalmente ofrecen unha cota de mercado do Explorer maior cá doutros estudos. Ademais, hai que destacar que en Europa xa hai meses que o Firefox superou ao IE6 nas preferencias da comunidade internauta.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: