Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Edizer Livros

Unha nova editorial aposta pola literatura en normativa reintegrada

O uso de software libre e licencias copyleft caracterizan un proxecto que usa “a norma reintegrada como medio e non como fin”.

Redacción - 11:40 03/11/2009

“Os reintegracionistas estamos fartos de falar sempre de nós mesmos. Queremos utilizar a normativa reintegrada como medio e non como fin”. Así explica o proxecto Édizer Livros Tomás González, un dos seus promotores. A editorial acaba de nacer para publicar literatura de ficción “empregando como vehículo a opción reintegracionista dos parámetros normativos da AGAL”. Estréase con O Diaño e Tom Walker, o clásico do estadounidense John Irving.

Esta primeira publicación marca a liña pola que aposta Edizer Livros: contribuír á normalización das diferentes posibilidades normativas no panorama editorial galego. “De momento estamos probando a idea para ver que tal funciona”. Arrancan cunha tiraxe pequena, de 200 exemplares, e coa perspectiva de continuar con outro clásico do relato, Edgar Allan Poe. Se hai unha boa resposta, lanzaranse á publicación de textos orixinais.

O primeiro libro da editorial distribúese ao prezo de 2,50 € en centros sociais de Galiza, ademais de na tenda en liña GZfriki.com. Descartan a venda en librerías pola escasa visibilidade dos libros, as tiraxes altas que require e as elevadas marxes económicas coas que se quedan as distribuidoras. “Nos centros sociais é onde se reúne o reintegracionismo”, valora Tomás González, que explica que van tentar distribuír tamén en Portugal.

Xunto ao reintegracionismo lingüístico, o proxecto aposta polo uso exclusivo de software libre en todo o proceso editorial e a publicación das obras baixo licencias copyleft.


4,61/5 (28 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: