Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Software libre en Ourense

O servidor de OUSLI convértese no máis rápido do país

A réplica de Ubuntu da asociación de software libre ourensá é tamén a terceira máis veloz do Estado Español. En setembro serviu 10 mil xigas de datos.

Redacción - 13:27 02/11/2009

Unha das características do software libre é a súa difusión sen ningún tipo de restricións. Por iso, estas aplicacións e sistemas operativos pódense descargar dende moitos servidores diferentes, denominados "mirrors" ou "réplicas", que reparten a carga de traballo que tería que soportar un único servidor e, de paso, permiten descargas máis rápidas e dende lugares máis próximos á persoa usuaria. O servidor da asociación de software libre de Ourense (OUSLI) acaba de anunciar que o seu mirror é o máis rápido de Galiza, segundo as estatísticas de acceso.

As probas, executadas dende diferentes puntos do Estado Español e dende distintos operadores de internet, amosan que a réplica de Ubuntu de OUSLI é a terceira do estado e a primeira do país en canto a rapidez, o que a agrupación lles atribúe ao seu bo labor na configuración do servidor.

Por iso, recomendan o uso do seu servidor para descargar a nova versión de Ubuntu, Karmic Koala, que acaba de saír do "forno". Na súa web ofrecen as fontes que se deben incluír no arquivo source.list dos usuarios deste sistema operativo libre. Ademais, a falta de contar con estatísticas do mes de outubro, dende o servidor de OUSLI descargáronse en setembro case 10 terabytes (10 mil xigabytes) de datos, toda unha marca.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: