Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TRES MIL IMAXES E 42 MIL QUILÓMETROS

Un físico elabora un mapa da Vía Láctea con fotos tiradas por el mesmo

Axel Mellinger publicou na súa web o traballo, que lle custou 22 meses de viaxes e complicadas operacións matemáticas.

Redacción - 11:40 30/10/2009
A imaxe final / Axel Mellinger

A imaxe final / Axel Mellinger

Un físico, Axel Mellinger, elaborou un completo mapa da Vía Láctea. A particularidade do seu traballo é que o fixo a partir de tres mil fotografías do ceo que tirou el mesmo arredor do mundo. Mellinger pasou 22 meses percorrendo 42 mil quilómetros para tomar fotos dixitais de ceos escuros e despexados en Suráfrica e nos Estados Unidos.

Pero, segundo conta Mellinger, o verdadeiro traballo empezou despois. Non abondaba con copiar e pegar as fotografías para formar un enorme mapa. Ao ser tomadas dende diferentes lugares, as imaxes tiñan algunhas distorsións e distintas luminosidades. Para superar estes atrancos, pasou centos de horas diante do computador para confeccionar un modelo matemático.

A polución luminosa corrixiuna usando datos das sondas espaciais Pioneer 10 e 11. O resultado é unha imaxe completa da nosa galaxia de 648 megapíxeles, con estrelas mil veces máis febles do que se pode ver a simple vista, ademais de centos de galaxias, nebulosas e cúmulos estelares. Mellinger, que é profesor na Universidade Central de Michigan, pretende facilitarlles a imaxe completa a planetarios de todo o mundo e facilitar o estudo educativo e científico dende a súa web, onde explica todo o proceso.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: