Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EUROPA XA O SABE

Os grelos de Galiza, calidade recoñecida

A Comisión Europea aproba a súa incorporación á lista de alimentos con denominacións de orixe ao recoñecerlle a Indicación Xeográfica Protexida.

Redacción - 10:00 30/10/2009

Os grelos galegos ascenderon á primeira división dos alimentos con marca de orixe en Europa. Xunto co francés queixo roquefort, o whisky escocés ou as españolas alcachofas de Tudela, os grelos galegos recibiron o recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

A Comisión Europea aprobou a inclusión desta verdura, da que xa sabiamos o seu alto valor nutricional e propiedades anticanceríxenas e antioxidantes, na lista europea de alimentos de calidade con denominación de orixe, de xeito que queda baixo o amparo e protección das leis da Unión Europea. Súmase así a uns 850 produtos comunitarios que xa contan con este recoñecemento, entre os que tamén se atopan outros galegos como o mel, a pataca ou o lacón.


4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: