Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN COMPOSTELA

Verdegaia exixe políticas contra a mudanza climática

Nunha acción paralela con ecoloxistas de 181 países, chamaron a atención sobre o número 350, o límite máximo de CO2 que a atmosfera debería conter.

Redacción - 12:20 25/10/2009
Os ecoloxistas manifestáronse simultaneamente en 181 países do mundo

Os ecoloxistas manifestáronse simultaneamente en 181 países do mundo

No Día Internacional de Acción Climática, os ecoloxistas de Verdegaia ocuparon a Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela) nunha acción encamiñada a chamar a atención sobre a mudanza climática. Cunha pancarta co número 350 e coa construción sobre o chan da mesma cifra con panos negros, sumáronse á campaña 350.org posta en marcha simultaneamente en 181 países.

O número 350 representa para os científicos o límite máximo de dióxido de carbono (CO2) que a atmosfera debería conter para previrmos unha mudanza climática catastrófica, tendo en conta que o nivel actual é de 390 partes por millón (ppm). Ademais, con este acto Verdegaia exixe ao Goberno que poña en marcha "solucións eficaces, sustentábeis e xustas á crise climática".

Recordan que a Xunta carece dun plano para reducir emisións de gases causantes da mudanza climática e que as emisións en Galiza de gases invernadoiro medraron un 23,4% entre 1990 e 2007. Verdegaia defende "o decrecemento no consumo de enerxía e materiais, a redución drástica do uso de combustíbeis fósiles e a expansión das enerxías renovábeis con respecto polo territorio". Ademais, subliñan que as emisións por habitante de Galiza están entre as máis altas de Europa.


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: