Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DA CRISE, MÁIS CRISE

Feijoo non enxerga sinais de recuperación da economía galega antes dun ano

A pesar do panorama sombrizo que prognostica para os vindeiros meses, o presidente confía en que a finais de 2010 comece unha tímida recuperación.

Redacción - 18:25 22/10/2009

Panorama económico treboento para o ano que vén. Isto é o que prognosticou o presidente da Xunta este xoves. Alberto Núñez Feijoo considera que en Galiza non se poden agardar sinais de recuperación económica antes de finais de 2010. Porén, o presidente aférrase ás comparativas e prognostica unha recesión económica algo menos dura ca no resto do Estado Español.

Para o novo Goberno o Xacobeo, coa previsíbel inxección monetaria dos turistas, ten que ser decisivo para facer máis levadeira a crise. Aínda así, Feijoo defendeu os orzamentos austeros que propón o executivo porque “cando se diagnostica ben un problema, pode comezar a subsanarse”. Tamén reiterou que agarda que o paro se sitúe no 15% en 2010 (fronte ao 13% actual). A pesar de recoñecer que o dato agardado é malo salientou que se agarda que a nivel estatal se agarda que esta cifra chegue ao 20%.

Feijoo tirou con bala contra o bipartito ao que acusou de “negar as evidencias” por non ter apretado o cinto orzamentario no orzamentos que deixou aprobados para 2009. Para o máximo mandatario o único que pode facer a Xunta é poñer enriba da mesa políticas económicas con “menos impostos, menos gastos e máis investimentos”


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: