Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IRREGULARIDADE?

O BNG cre que o bufete que vai estudar a lei eólica pode ter intereses no concurso

Os nacionalistas consideran un desprezo o feito de que o Goberno lle encargue o traballo a avogados de Madrid.

Redacción - 13:10 22/10/2009

O Bloque segue a ver irregularidades na planificación da nova lei eólica. Este mesmo xoves, os nacionalistas denunciaron que o Goberno vén de encargar un informe sobre o anteproxecto de lei eólica a un bufete de avogados de Madrid. Dende a oposición consideran moi estraña esta manobra xa que o conselleiro de Industria tiña o compromiso de solicitar o informe ao Consello Consultivo.

Nunha nota de prensa enviada aos medios, o BNG deixa caer que hai empresas enerxéticas ou persoais interesadas en facer negocio coa enerxía eólica en Galiza que son clientes do mesmo equipo de avogados. Os nacionalistas tamén sinalan que o bufete pode estar vencellado ao PP.

Dende a organización frontista consideran que a Xunta incorre nun desprezo cara os xuristas do país á vez que fai un desembolso económico “innecesario”, xa que podía contar con avogados que pertencen á función pública.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: