Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA TEN A ÚLTIMA PALABRA

Os partidos acordan publicar listas con nomes de tránsfugas

A pesar da forte disputa previa, PPdeG, PSdeG e BNG consensuaron non aceptar nas súas candidaturas electorais aos que rompan os pactos.

Redacción - 16:00 14/10/2009
Tags:

Tránsfugas con nomes e apelidos, isto é o que prometen PP, PSdeG e BNG. Na mañá deste mércores, o Parlamento aprobou por unanimidade unha iniciativa na que se lle solicita á Xunta que publique unha relación de concelleiros tránsfugas que infrinxiran o Pacto Antitransfuguismo. Ademais, no acordo tamén se propón que ningunha destas tres formacións acepten nun futuro a estes transgugas nas súas listas electorais.

O acordo veu precedido dun forte debate político. Antes da votación, socialistas e nacionalistas uniron as súas voces para proclamar que os conservadores están a ser os “únicos beneficiarios” das mocións de censura. Os “populares” botaron balóns fóra sinalando que os socialistas foron os primeiros en aproveitarse dos tránsfugas ao sacar adiante a moción que en 1987 deu lugar ao tripartito presidido por Fernando González Laxe.

No Parlamento saíron as diferenzas locais dos partidos. Así, o deputado “popular” Rodríguez Miranda subliñou que os tránsfugas do PP de Silleda xa non están no partido e sinalou que o caso de Láncara foi especial, “porque (referíndose ao PSdeG) vostedes non teñen palabra. O seu alcalde probou o cargo, gustoulle e non o quixo deixar (tal e como estaba estipulado, segundo o PP, no acordo entre socialistas en Terra Galega”.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: