Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Nun posto electoral de Ermelo

Un asasinato lixa as eleccións locais portuguesas

Segundo as forzas de seguridade, o candidato do PS disparoulle cunha escopeta ao marido da candidata do PSD.

Redacción - 18:10 11/10/2009
Emprazamento de Ermelo / Google Maps

Emprazamento de Ermelo / Google Maps

O electorado portugués está chamado este domingo a unha nova cita coas urnas. Desta volta deberá elixir a súa representación local, nas Eleccións Autárquicas. Malia que todo parecía indicar que sería unha xornada tranquila, as votacións abríronse cun asasinato.

Pouco despois das sete da mañá (hora portuguesa), segundo fontes da Guarda Nacional Republicana (GNR), o candidato do PS á xunta de freguesía de Ermelo, António Cunha, entrou na sala de voto e disparoulle un tiro coa súa escopeta a Maximino Clemente, marido da candidata socialdemócrata e presidenta da Xunta de Freguesía. O único disparo atinxiu a cabeza da vítima, causándolle a morte. O autor do disparo fuxiu.

A GNR atopou o vehículo usado polo presunto homicida estacionado próximo ao mercado do Peso da Regua, coa arma no interior. Aínda non está claro se o crime se produciu por motivos políticos ou por "diverxencias persoais" relacionadas cuns terreos.

O primeiro ministro portugués, José Sócrates, condenou "absolutamente" a morte, mentres que o presidente da República, Aníbal Cavaco Silva, lamentou o "profundamente grave" incidente. As eleccións para a freguesía de Ermelo, Mondim de Basto, no norte do país, foron adiadas até o próximo domingo.

Os datos de participación e o escrutinio do proceso electoral pódense seguir ao vivo no enderezo http://www.autarquicas2009.mj.pt/


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: