Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Máis batalla polo topónimo

Feijoo ábrelle a porta a un cambio lexislativo en favor do 'L' para A Coruña

O presidente da Xunta convidou as formacións políticas a incluíren o asunto nos respectivos programas electorais na próxima cita municipal coas urnas.

Europa Press - 10:00 02/10/2009

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, opinou este xoves que secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, debe "poñerse de acordo consigo mesmo" sobre o topónimo d'A Coruña para aclarar a súa postura e reiterou a súa "oferta de consenso" ao respecto. "A oferta segue en pé, se o Concello chega a un acordo e nolo comunica, trasladarémolo ao Parlamento", afirmou.

Así se pronunciou o presidente na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde criticou a rectificación de Manuel Vázquez con respecto á oficialización da forma 'La Coruña', que nun primeiro momento se mostrou disposto a aceptar e, ao día seguinte matizou."A súa postura neste tema recórdame á que mantivo con respecto ao nomeamento do director da CRTVG; un día que si, e ao día seguinte que non", comparou o dirixente popular, quen asegurou que a designación do actual director do ente público, Afonso Sánchez Izquierdo, recibiu o visto bo do socialista, algo que este negou posteriormente.

Fronte a iso, Núñez Feijoo volveu poñer sobre a mesa a súa "oferta" de que sexa a maioría da Casa do Concello municipal a que "decida" e advertiulles aos socialistas de que "non hai que temer que os cidadáns opinen". No caso de non alcanzar este acordo antes da convocatoria das próximas eleccións municipais de 2011, o presidente dixo estar a prol de que os partidos o "sometan" á decisión dos cidadáns nas urnas a través dos seus respectivos programas electorais. Argumentou Feijoo que "ninguén está en contra de A Coruña" e recalcou que o que se debate é "se debe ser oficial o topónimo en castelán", unha decisión que, admitiu, obrigaría a modificar a lexislación vixente en materia de normalización lingüística. Na mesma liña, volveu cargar contra o PSOE e indicou que "durante 20 anos a letra máis reivindicada polo PSOE en A Coruña foi o 'L'", en referencia ao período de Francisco Vázquez á fronte do goberno municipal. Con todo, concluíu que "non é un tema prioritario" para o seu Goberno.


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: