Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CARTA DUN LECTOR

Eu falo galego... e Deus tamén

Forza gráfica contra a imposición dos que, agochados nunha falsa tolerancia, atacan o galego.

Redacción - 10:30 02/10/2009
Tags: galego idioma

A discusión sobre a presenza do galego nos diferentes ámbitos sociais non é nova. O escritor e doutor en Teoloxía, Victorino Pérez xa defendía, hai máis de vinte anos, o uso do noso idioma en eidos tan remisos como o da igrexa católica. O que fora director da revista Irimia entre 1981 e 1983 e membro do Consello de Redacción da publicación de pensamento cristián Encrucillada, debuxaba entón este gráfico no que alentaba aos crentes a falar, como Deus, en galego.

Agora, nestes momentos "nos que a reacción contra o galego amosou os seus dentes, a súa realidade de lobo baixo a pel da ovella dunha falsa tolerancia", Victorino Pérez acheganos este, máis que nunca, actual cartaz.


4,89/5 (38 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: