Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS

Beiras: co actual Goberno vivimos "un franquismo sen Franco"

Na presentación do libro 'O nacionalismo galego nos seus programas políticos' o ex voceiro do BNG fixo referencia ás "fragmentacións" neste ideario

Redacción - 18:02 29/09/2009

O presidente da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manuel Beiras, interviu na presentación do libro 'O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX' este martes en Compostela. Sinalou que para unha persoa da súa idade que viviu o franquismo e que ten memoria “non é exaxerado dicir que se está vivindo un franquismo sen franco, especialmente no Goberno".

Conciencia dun pobo
Aínda que rexeitou falar de política na súa intervención fóra das reflexións do libro, si dixo que se hoxe se atopase nunha rolda de prensa estritamente política, incitaría á “rebelión civil” pola situación actual en Galiza.  Asimesmo, sinalou que é “sorprendente” o feito de que o ideario galego de 1918 "evolucionara e continuara" até a actualidade malia “ás fragmentacións do nacionalismo” e das “reogarnizacións, recomposicións e fracturas traumáticas” derivadas dos eventos históricos. Por iso, destacou a importancia do texto que vén de nacer, xa que, dixo, recolle a “conciencia dun pobo".

Beiras colabora na edición da obra, dirixida por Xabier Macías e coordinada por Comba Campoy, que recolle unha selección de manifestos nacionalistas e reflexións sobre as orixes do BNG. Explicou que o texto abarca desde o primeiro manifiesto da Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918 até a Declaración de Barcelona entre BNG, PNV e CiU de 1998, os socios da alianza de Galeusca. Para o ex voceiro nacional do BNG, a saída desta obra no contexto actual é “relevante” xa que “malia todas as fragmentacións exóxenas”, hai uns “fíos de continuidade no ideario” nacionalista.


4,75/5 (32 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: