Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 25 de setembro ao 3 de outubro

Cabaré para tempos de crise

Arranca na Coruña o festival galego dedicado a este xénero no que caben a música, a danza e o teatro.

Redacción - 18:30 24/09/2009

O cabaré deféndese ben en tempos de crise. Así foi no Berlín de entreguerras, cando viviu o seu momento de máximo esplendor internacional truncado pola subida ao poder de Hitler. E o mesmo pode ocorrer nesta novo tempo de dúbidas económicas. Así o pensan os organizadores do IV Festival Galego de Cabaré, que desde o venres 25 de setembro ao sábado 3 leva aos bares, rúas e escenarios da Coruña espectáculos que mesturan danza, teatro e música.

O cabaré estase a converter nun xénero cada vez máis presente en Galiza. O da Coruña é o único festival específico deste xénero no Estado, organizado pola Concellaría de Cultura da Coruña e producido por Cabaré3. As compañías galegas forman o eixo dunha cita que ofrece 12 espectáculos con máis dun cento de artistas: espectáculos de rúa, actuacións musicais, teatro, performances, exposicións, obradoiros e unha gala final.

Os organizadores destacan a relación entre o xénero do cabaré e a renovación nas artes escénicas do país, e sitúan nos 30 anos a media de idade dos artistas presentes no programa. O festival arranca esta fin de semana co “Cabarédeambulante” da Compañía Femme Fatale. Ao longo da semana seguinte pasarán pola Coruña “Encabareta2” de Fun Fanfarria Teatro, “El orgasmo es cosa de mujeres” dos barceloneses Mundo Mandarino, o jazz da St James Street Band e a maxia de Cayetano Lledó, entre outros. O festival cérrao o 3 de outubro a Gala Femme Fatale, na que pasarán polo escenario moitos dos artistas anteriores, ademais de Iván Villar, Carla de Figueiredo, Amparo Novas e Nelson Quinteiro, entre outros.

Este é o programa completo do festival:

Venres 25 e sábado 26 de setembro:
Espectáculo de rúa “Cabarédeambulante”, Compañía Femme Fatale (A Coruña).

Luns 28 de setembro, 19 h.:
Performance inaugural, no Fórum da Fnac.

Ciclo “Fórum 4”, co auditorio do Fórum Metropolitano convertido nun cabaré:

Martes 29 de setembro, 21 h.:
“Cabaréncrise”, Compañía Femme Fatale (A Coruña).

Mércores 30 de setembro, 21 h.:
“Lilí Berlín”, Compañía Branca Cendán (Santiago).

Xoves 1 de outubro, 21 h.:
“El desahucio”, Compañía Zanguango Teatro (Burgos).

Venres 2 de outubro, 21 h.:
“Máxico Circus Cabaret”, Mago Cayetano Lledó (Santiago).

Ciclo Café Cantante
, actuacións en locais nocturnos:

Martes 29 de setembro, 23 h.:
St James Street Band (Vigo). Café Bar La Belle Epoque.

Mércores 30 de setembro, 23 h.:
“Encabareta2”, Compañía Fun Fanfarria Teatro (Madrid). Café Bar La Postrería.

Xoves 1 de outubro, 23 h.:
“Siesta continental”, Iria Pinheiro & Sul Produccións (Vigo). Café Bar La Postrería.

Venres 2 de setembro, 23 h.:
“El orgasmo es cosa de mujeres”, Compañía Mundo Mandarina (Barcelona). Café Bar La Belle Epoque.

Gala Femme Fatale:
Sábado 3 de outubro, 21 h., Teatro Rosalía de Castro.
Interveñen: St James Street Band, Iván Villar, Carla de Figueredo, Amparo Novas, Cayetano Lledó, Compañía Mundo Mandarina, Nelson Quinteiro e a Compañía Femme Fatale.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: