Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ACUSA A FEIJOO DE EXTREMISTA

O BNG admite erros e promete batalla social na defensa da lingua

Guillerme Vázquez insta á sociedade a adoptar unha posición de "combate" fronte á Xunta e ao PP.

Redacción - 18:40 19/09/2009
Vázquez insta á sociedade a adoptar unha posición de "combate" fronte á Xunta e ao PP

Vázquez insta á sociedade a adoptar unha posición de "combate" fronte á Xunta e ao PP

"O BNG non quedará impasíbel ante o intento do PP de rematar co noso idioma". Así se pronunciou o voceiro nacional, Guillerme Vázquez, nas Xornadas de Formación sobre a situación do galego celebradas esta fin de semana en Pontevedra. Nesta liña, adiantou que o nacionalismo desenvolverá unha estratexia para "impulsar unha batalla social" na defensa do galego e "reivindicar un status de oficialidade para esta lingua".

Asemade, acusou a Alberto Núñez Feijoo de estar "embalado na defensa do español", e criticouno por manter "unha posición ideolóxica extremista" e de "satisfacción aos sectores españois máis reaccionarios que demandan a unidade lingüística do Estado". Referiuse aos actuais dirixentes populares como a "xeración aznariana, españolista convicta e confesa" e censurou a existencia dun "aparato de propaganda para convencer a milleiros de galegos ben-intencionados dunha monstruosa modificación da realidade", segundo a cal "o galego se está a impoñer ao castelán".

Autocrítica
"Non nos demos conta das dimensións do ataque que se estaba a producir contra o galego", dixo Vázquez. Recoñeceu que "os que queren á lingua galega non estiveron á altura", senón que "baixaron a garda" e "non actuaron colectivamente ou coa enerxía que requiría", sinalou incluíndose neste colectivo.

Ademais de apoiar a manifestación que o plataforma Queremos Galego convocou para o vindeiro 18 de outubro en Santiago de Compostela, o voceiro nacional do BNG distinguiu entre "os que tiñan medo a molestar, ser vistos como radicais ou perigosos nacionalistas" e os que "non foron conscientes do que estaba a pasar", entre os que se situou. "Agora", dixo, "non hai escusa para non se sumar á defensa do galego".


Ligazóns

5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: