Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Festivais

Allariz baila ao ritmo dos Balcáns

Repasamos as citas coa música desta fin de semana, na que Emir Kusturica e Fanfare Ciocarlia encabezan o cartel do Reperkusión.

Redacción - 12:00 18/09/2009
A Tuna Rastafari

A Tuna Rastafari

A carpa circense do Reperkusión xa está montada en Allariz. A séptima edición deste festival volve xuntar doses de música festiva e circo, este ano coa mirada posta nos Balcáns. Desde o leste de Europa chegan dúas das bandas responsábeis da expansión global dos sons balcánicos: a Fanfare Ciocarlia e Emir Kusturica e a súa The No Smoking Orchestra. Ritmos frenéticos e bailábeis que inspiraron algúns dos grupos galegos presentes no cartel, como Festicultores Troupe e A Tuna Rastafari.

A de Allariz non é a única cita festivaleira da fin de semana. En Carballo celébrase o PopXiriaPop, con Cooper e Los Negativos como cabezas de cartel. Os grupos galegos son os protagonistas do Festival Meigas Fóra de Ordes, con Zënzar, Kastomä e Dios Ke Te Crew xogando en casa; o NicraRock de Negreira, cos Trasnos de Moscos e Banda Potemkin, entre outros; e o Festival da Lingua na Coruña, coa Quenlla, Fracasados de Antemano e de novo Dios Ke Te Crew.

Os que busquen son máis duros teñen tres citas co punk, o metal e o hardocre: o Vigo Skatepunk Fest, o Marfan Rock na Pobra do Caramiñal e ao Hate Fest na Coruña.

18, 19 e 20 de setembro. Reperkusión (Allariz):
Venres 18: Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra, Bodega Bodega, Festicultores Troupe.
Sábado 19: Fanfare Ciocarlia, Gigoelectro Brass, Funky Style Bass, A Tuna Rastafari, Dj Floro.
Domingo 20: Os PerQtores, Afrofunk Group, Beatmac.
Ademais: mercadiño, obradoiros, circo...

18 e 19 de setembro. PopXiriaPop (Carballo):
Venres 18: Cooper, Bryan Estepa, Stay, Cosecha Roja.
Sábado 19: Los Negativos, Johnny Casino & The Secrets, Biscuit, Hyde Casino.

18 de setembro. Meigas Fóra (Poulo, Ordes):
Dios Ke Te Crew, Zënzar, Konflikto, Kastomä, Chícharo Psicótico, Invivo, Tramaturgia.

18 de setembro. NicraRock (Negreira):
Os Trasnos de Moscoso, Kaña D'herbas, Marmota Phil, Banda Potemkin.

19 de setembro. Festival da Lingua (Montealto, A Coruña):
A Quenlla, Fracasados de Antemano, Dios Ke Te Crew e serán de música e baile tradicional.

19 de setembro. Vigo Skatepunk Fest (Mondo Club, Vigo):
Adrenalized, Misplace, Saldos Arias, Rockin' for Tangas.

19 de setembro. Marfan Rock (Praia de Cabío, A Pobra do Caramiñal):
Koma, Forraje, Desalojo, Bocanada, Kertuler.

19 de stembro. Hate Fest (Discoteca Ola Green, A Coruña):
Grankapo, Anger Second, Mala Sangre, We Ride.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: