Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Espazo

O Vaticano non descarta o contacto extraterrestre

O director do observatorio astronómico do estado católico viuno posíbel aínda que "moi difícil".

Redacción - 12:00 20/09/2009

O director do observatorio astronómico do Vaticano, o padre José Gabriel Funes, asegurou que pode que algún día o ser humano entre en contacto cos extraterrestres, aínda que lle parece "moi difícil". Funes foi a persoa que no ano 2008 sorprendera asegurando que non era incompatíbel crer en Deus con crer na existencia de seres noutros planetas.

Funes, xesuíta, fixo esas declaracións ao xornal católico L'Osservatore Romano, dicindo que "non se pode excluír a priori" a posibilidade de contactar con alieníxenas. O observatorio, coñecido como Specola Vaticana, foi trasladado recentemente ás proximidades da residencia de verán do Papa, en Castelgandolfo. Anteriormente atopábase a dous quilómetros de distancia.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: