Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Política lingüística

A oposición apoia a Barreiro, mentres o PPdeG respecta pero "non comparte" as críticas

Os voceiros parlamentarios socialista e nacionalista conciden en que o Goberno usou a lingua para crispar; o do PPdeG e o conselleiro de Cultura gaban a política actual.

Redacción - 18:35 07/09/2009

O voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, considerou que o "reproche por dividir e crispar" coa lingua lanzado polo presidente da Real Academia, Xosé Ramón Barreiro, ao presidente da Xunta, "demostra até que punto o PP está pouco comprometido con este país". Aymerich chamou a atención polo feito de que a academia "teña que acender as alarmas" e cualificou a política lingüística do Goberno de "cruzada contra a lingua propia".

O portavoz do Grupo Socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, dixo que "compartimos basicamente as críticas" e que Feijoo é o primeiro gobernante democrático de Galiza que "usa a lingua como un elemento de división e confrontación", e que "fai unha lectura excesivamente sesgada da realidade do país". Tamén considerou que o presidente do Goberno "non é capaz de respectar a legalidade vixente" no referido á lingua.

Pola súa banda, o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, dixo que había que tratar "con respecto" as declaracións de Xosé Ramón Barreiro, aínda que apoiou a política lingüística da xunta, da que dixo que é "acertada", por "volver ao consenso". Na mesma liña se manifestou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que, no entanto, amosou o seu "desacordo" polas declaracións do presidente da RAG e asegurou que en Galiza "non existe ningún conflito lingüístico".


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: