Un xulgado de Barcelona decidiu anular o acordo plenario en que o Concello apoiaba a proposta impulsada por un colectivo cidadán.
Cartaz nunha rúa da vila
O Xulgado Contencioso-Administrativo número 14 de Barcelona considera que a consulta popular sobre a independencia de Cataluña que o Concello de Arenys de Munt prevía celebrar o 13 de setembro excede as competencias municipais.
O fallo da maxistrada chegou esta quinta feira, tan só un día despois do recurso presentado pola Avogacía do Estado. Deste xeito, suspende a execución do acordo do pleno municipal do 4 de xuño que apoiaba a proposta do Moviment Arenyenc per a l'Autodeterminació (MAPA) para realizar o referendo.
O alcalde do municipio catalán considerou ao respecto que o único que se suspende é o acordo plenario, que contemplaba a cesión duns locais para instalar as urnas, mais non o referendo en si.
"O que fará o Concello é non ceder a sala municipal, a consulta poderase facer, mais noutro sitio", asegurou Carles Móra, que informou ademais de que polo menos unha trintena dos oito mil habitantes xa votaron por correo.
Máis información