O PSOE fixo caso á petición de BNG,ERC, Izquierda Unida, Nafarroa Bai. O PP fala de "improvisación".
Todas aqueles parados que estean sen subsidio de desemprego dende o 1 de xaneiro poderán acollerse á axuda de 420 euros que vai poñer en marcha o goberno español. Aínda que nun principio o executivo de Zapatero tiña previsto que só se poidesen optar á axuda os desempregados que quedasen sen paro a partir do 1 de agosto, finalmente accedeu a ampliar o período.
O acordo chegou esta mesma mañá coas forzas de esquerda con presenza no Congreso (ERC, BNG, IU e Nafarrooa Bai). Hai escasos días, os sindicatos tamén lle pediron ao goberno español un esforzo para ampliar a axuda.
O líder do PP, Mariano Rajoy, xa criticou a decisión afirmando que o executivo estatal está “improvisando” continuamente.