Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Ideas fronte ao cambio climático

En vinte anos, bosques de árbores "artificiais"

No medio de centos de opcións tecnolóxicas caviladas polos científicos, a das falsas árbores que absorban CO2 é unha das máis factíbeis a medio prazo.

Redacción - 12:30 27/08/2009

"Estamos convencidos de que estas propostas prácticas de xeo-enxeñería que achegamos deberían ser introducidas e formar parte das nosas paisaxes nos próximos dez ou vinte anos", explica para a BBC o doutor Tim Fox, coordinador do equipo da Institution of Mechanical Engineers. A institución elaborou un informe que inclúe propostas para "descarbonizar" a economía global nas próximas décadas.

Expoñen os investigadores que á beira doutras estratexias, a loita contra o cambio climático non será posíbel levala adiante con eficacia sen apostar ao tempo por iniciativas de xeo-enxeñería como as que eles analizan. O estudo avalía centos de posíbeis ideas, mais neste caso, os científicos, baseándose no avance tecnolóxico actual, destacan tres concretas como máis factíbeis a curto ou medio prazo.

A primeira delas é a idea das "árbores artificiais", de xeito que prevén poder despregar bosques de milleiros de trebellos deste tipo, capaces de absorber, filtrar e almacenar o dióxido de carbono. A segunda opción nas preferencias dos investigadores son estruturas baseadas en algas a despregar nas edificacións, de xeito que traballen filtrando CO2 do aire durante a fotosíntese. Unha terceira idea baséase na redución da radiación solar a través de sistemas de reflexión da luz solar nos teitos de vivendas.

Poden ampliar na BBC.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: