O portal enviaralle un correo aos usuarios para facerlles a proposta.
O principal portal do mundo para o intercambio de vídeos anunciou que vai compartir unha parte dos seus ingresos publicitarios cos usuarios que colguen os vídeos máis populares de calquera tema.
Co novo sistema, se un vídeo é popular en YouTube, o creador recibirá un correo electrónico avisándoo da posibilidade de compartir ingresos. Dende o portal de vídeos non revelaron que grao de popularidade se precisa para recibir o dispendio. O que si xa se adiantou é que a iniciativa vai comezar en EUA.
Algúns dos socios capitalistas de Google, empresa dona do portal, consideran que Youtube non logrou sacarlle un rendemento económico parello á súa gran popularidade.