Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nula xestión

Onde van parar os eurofondos das Fragas do Eume?

A portavoz do BNG en Bruxelas solicitaralle á Eurocomisión que urxa o Estado español a aprobar un Plan de Conservación para a zona.

Redacción - 16:30 24/08/2009

A Comisión Europea enviou xa un apercibimento a Galiza por non contar o Lugar de Importancia Comunitaria das Fragas do Eume cun Plan de Conservación e Usos. De feito, este recanto incluído en Rede Natura recibe fondos europeos teoricamente destinados á súa protección e xestión. Ao respecto, a representante do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, pregúntase "onde van parar eses fondos se non semella haber unha xestión e non existe aínda un Plan de Conservación?".

Por este motivo, a portavoz nacionalista avanzou a presentación á Comisión Europea dunha iniciativa onde se lle solicita que urxa o Estado español á aprobación do devandito Plan para as Fragas do Eume. O anuncio realizouno Ana Miranda durante unha reunión coa Unión de Protección das Fragas do Eume. Criticou Miranda que malia que o 98% dos espazos incluidos nas fragas son propiedade privada "os seus propietarios non foron consultados en ningún momento nin están a participar de ningún xeito na elaboración do Plan de Conservación e usos".

O encontro forma parte da rolda de contactos que a próxima eurodeputada está a ter con diferentes asociacións e Concellos para recoller as súas inquedanzas e demandas e asi poder trasladalas ao Parlamento Europeo.


4,91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: