A Mostra de Teatro, unha das máis importantes do país, chega á súa vixésimo segunda edición con escasas axudas públicas e moita vontade.
Dende este domingo e até o vindeiro venres 28, o teatro encherá de palabras e movemento a Alameda e o salón de actos do consistorio de Cee. A XXII Mostra de Teatro, confirma o municipio da Costa da Morte coma un dos bastións desta arte. Este mesmo domingo, ás 12 da mañá ergueuse o telón co grupo O Aturuxo de Melpóneme. Ás 20.15 horas é a quenda da compañía Malabaranda; ás 21.30 horas, Abrapalabra; e pechará ás 12 horas cun monólogo Oswaldo Digón.
O luns, cos mesmos horarios, actuarán Teatro escena, Circo Expreso, Talía Teatro e Pepo Suevos. O martes serán Galiton, Circo escarranchado; O elefante elegante; e Avelino González.
O mércores estará o lalinense Celso Fernández Sanmartín, Assircóptas, Carrachanacacha; e David Amor. A quinta feira, estarán Arela Miúda; Arturo Cobas; Cámara Negra; e Paula Carballeira.
O teatro deixará o municipio o venres, cando volverá actuar Paula Carballeira; Rafaelo; Talía Teatro; e Ruso Negro.
Aínda que a mostra está consolidada como unha das clásicas do país, na propia páxina web a organización afirma que esta edición é especialmente "austera" debido aos escasos apoios das administracións públicas, especialmente da Xunta, segundo destacan.