Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Do 22 ao 28 de agosto

Cine e cartelismo no Carballiño

A 26ª edición de Xociviga dedica unha atención especial á produción galega e exhibe unha mostra de carteis de cinema en Galiza dos anos 70 e 80.

Redacción - 10:00 22/08/2009
Momento da rodaxe do filme "A noite que deixou de chover"

Momento da rodaxe do filme "A noite que deixou de chover"

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia chegan este ano á súa 26ª edición. Do 22 ao 28 de agosto exhibiranse no Carballiño máis de trinta filmes, con seccións dedicadas ao cinema comercial, infantil e de autor, e un espazo destacada para as creacións audiovisuais galegas. Os directores Alfonso Zarauza, Pablo Iglesias, Ángel de la Cruz, Rubén Riós e Rubén Coca pasarán polas xornadas, para presentar os seus filmes A noite que deixou de chover, Pedro e o capitán, Os mortos ván ás presas e as curtas Coser e cantar e Mínimo común múltiplo.

No Carballiño tamén se exhibirán a longametraxe Un bo home, as curtas X Nada, The werepig e O espello, e os documentais Bata por fóra, Afranio, O clube dos sen teito e Malta Radio. O festival abre o sábado ás nove e media co filme francés Espías na sombra.

Durante os sete días que dura o festival, poderá visitarse a exposición “O cartelismo das actividades cinematográficas en Galiza”. A mostra está coordinada por José Luis Cabo e Miguel Anxo Fernández en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe e reúne carteis de cine do período 1973-1989.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fotograma de "Coser e cantar", de Rubén Riós
Fotograma de "Coser e cantar", de Rubén Riós
Fotograma da longametraxe "Os mortos van ás presas"
Fotograma da longametraxe "Os mortos van ás presas"