Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Condenada por despido improcedente

Traballo defende a directora xeral, a oposición reclama que a cesen

A consellaría apoia a alto cargo condenada "subsidiariamente" pola súa implicación nunha contratación irregular.

Redacción / Europa Press - 09:30 14/08/2009
A conselleira de Traballo, Beatriz Mato

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato

A Consellaría de Traballo e Benestar negou este xoves que a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, empregase a ex traballadora contratada irregularmente e despedida de forma improcedente. Xustifican así desde a Xunta que foi seu irmán e remítense ao que "recolle textualmente a sentenza".

Así subliñaron que a ex empregada demandou os titulares da sociedade mercantil integrada polo pai e o irmán de Díaz, quen non forma parte da empresa, unha circunstancia que, segundo sinalaron a Europa Press, figura no Rexistro Mercantil. Así e todo, fontes deste departamento admiten que a condena é subsidiaria, mencionando a implicación de Ana María Díaz no despedimento. De feito, en caso de que os responsábeis da sociedade mercantil non asumisen a resolución tería que facelo a familia.

O PSdeG esixe a inmediata dimisión
A voceiro e secretaria de política municipal, coordinación e acción electoral do PSdeG, Mar Barcón, esixiu a "inmediata dimisión" de Ana María Díaz, da que asegurou que foi condenada por despedimento improcedente dunha muller que durante seis meses traballou na súa casa como empregada de fogar nun restaurante e nun restaurante dun familiar seu "sen contrato de traballo nin alta na seguridade social".

Nun comunicado, a deputada socialista cualificou de "vergoña" o feito de que un responsábel de "velar pola protección dos dereitos dos traballadores sexa condenado por non cumprir os mínimos legais cos traballadores na súa casa nin nas empresas das súas familias". Así, considerou que, de non se producir a dimisión de Díaz, os responsábeis serán a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, e o presidente do Goberno, Alberto Núñez Feijoo. Barcón afirmou que este caso é "unha mostra da ética" do PPdeG. "Esta é a rexeneración democrática prometida por Feijoo: darlle subvencións a empresas de altos cargos e que os responsábeis de velar pola protección dos dereitos dos traballadores sexan condenados polos tribunais por non respectar as regras de xogo no mundo do traballo", criticou.


4,27/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: