Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vacacións en Pontevedra

A Rajoy pareceríalle "moi mal" que Feijoo non tivese derrogado o decreto eólico

Logo de falar a prol da fusión interrexional das caixas, o líder do PP di agora que non opinará porque é "un liberal de verdade".

Redacción / Europa Press - 18:30 11/08/2009

O presidente do PP, Mariano Rajoy, avalou este martes a decisión do xefe do Executivo, Alberto Núñez Feijoo, de anular o decreto eólico autorizado polo bipartito --en suspenso ata que se aprobe a nova lei eólica-- e argumentou que non o facer implicaría "un engano" para a cidadanía. Nunha conferencia de prensa celebrada en Pontevedra, onde goza das súas vacacións estivais, o líder popular recordou que Feijoo denunciou na campaña as "ilegalidades" do concurso eólico e prometeu derrogalo.



"Díxollelo aos galegos e agora o que fai é cumprir a súa palabra", resaltou, sen ocultar a súa satisfacción por iso. De feito, subliñou que as promesas electorais "son para cumprirse" e recoñeceu que, igual que lle parece "moi ben" a anulación da repartición de megavatios admitida a trámite polo anterior Goberno, pareceríalle "moi mal" que Feijóo non o fixera. "É un mandato do pobo", concluíu.

Doutra banda, o presidente do PP afirmou que non vai "intervir nin opinar" sobre o futuro das caixas de aforros porque é, subliñou, "un liberal de verdade" e, ao seu xuízo, os políticos "non deben entrar en asuntos que non lles competen". "Mariano Rajoy non vai intervir nin a opinar sobre un acordo de fusión ou de calquera outro tipo que se adopte", sentenciou e recalcou que o futuro das caixas é un asunto "serio" no que "canto menos interveña a política, mellor". Así as cousas, Rajoy insistiu en que os políticos deben manterse á marxe de temas "que non son seus" e recalcou que son as propias caixas as que deben "velar polos seus propios intereses e polos dos depositarios".


1/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: