Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Games Innovation Conference

Lecer competitivo para informáticos co Mario Bros

O desafío: programar unha aplicación que mova só o coñecido personaxe a través dunha versión modificada do famoso videoxogo.

Redacción - 13:30 11/08/2009

Nas calores do verán, os programadores Sergey Karakovsky e Julian Togelus armaron un desafío ben curioso en colaboración coa cita para as tecnoloxías do videoxogo da Games Innovation Conference.

Deica o próximo 3 de setembro permanece aberto o prazo para as inscricións. A proposta é discorrer un sistema baseado na intelixencia artificial que permita que as personaxes sexan quen de actuar a través do xogo sen intervención humana. Como base para o desafío vaise utilizar o Infinite Mario Bros, unha versión homenaxe do videoxogo que combina as bases do orixinal para xerar aleatoriamente un número ilimitado de novos niveis de xogo.

Realizáronse dúas convocatorias simultáneas que coinciden coas dúas citas competitivas. A primeira finaliza o 18 de agosto, e vaise resolver na Conferencia sobre Innovación e Videoxogos de Londres, a celebrar entre o 25 e 28 de agosto. A segunda remata o 3 de setembro e a competición será no marco do Simposio sobre Intelixencia Computacional e Videoxogos, a celebrarse entre o 7 e 9 de setembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: