Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PADEXEIROS Á AUGA

A elite piragüista, en Verducido

Dispútase o Campionato Galego de Pista para seniors, júniors e cadetes en K-2, C-2, K-4 e C-4, en 1.000 e 500 metros.

Redacción - 10:00 08/08/2009
En Verducido dispútase o Campionato Galego de Pista

En Verducido dispútase o Campionato Galego de Pista

O embalse do Pontillón do Castro de Verducido (Pontevedra) acolle esta fin de semana a gran cita do piragüismo galego. Centos de padexeiros disputan o Campionato Galego de Pista para séniors, júniors e cadetes. As categorías: K-2, C-2, K-4 e C-4, tanto da distancia de 1.000 metros como na de 500 metros. Ademais, tamén se celebra o Campionato Galego de Promoción para categoría infantil, a regata para alevíns e benxamíns en K-1 e o Campionato Galego de Veteranos en K-2 e K-4.

Se ben entre os participantes haberá algunhas ausencias destacadas por mor da celebración dos Campionatos do Mundo en Dartmouth (Canadá) a vindeira semana, representantes de todos os clubs de piragüismo galego acudirán á cita. Logo da xornada do venres de eliminatorias e semifinais e finais das probas de K-2, C-2, K-4 e C-4 en 1.000 metros, o sábado disputaranse as eliminatorias das regatas en 500 metros. Xa o domingo, os participantes do Campionato Galego de Promoción para a categoría infantil serán os protagonistas.

En Dumbría, Copa de España e Galega de promoción de Slalom
Mentres, Dumbría (A Coruña) acolle este sábado a segunda competición da Copa de España de Promoción de Slalom, na que tomarán parte cinco clubs galegos dun total de 15 participantes (Club de Montaña Quixós de Monforte de Lemos, Club Deportivo Miño Os Teixugos de Goián, Club Piragüismo Val Miñor-Frioya, Club Tea de Mondariz-Balneario e Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría). Ademais, ao día seguinte, haberá unha nova oportunidade para contemplar a estes padexeiros na sexta competición da Copa Galega.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: