Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VERÁN DE FESTAS

Mondoñedo volve ao Medievo

Esta fin de semana celébrase a décimo oitava edición dunha das feiras medievais máis consolidadas, que contará con concertos, degustacións e exhibicións.

Redacción - 10:00 08/08/2009
Este mercado é un dos máis consolidados do país

Este mercado é un dos máis consolidados do país

Esta fin de semana os soldados do Mariscal Pardo de Cela volverán tomar as rúas de Mondoñedo. Mais non serán os únicos, a vila encherase de reis, condes, campesiños, bufóns, guerreiros e un longo listado de personaxes de hai máis de cinco séculos, cando o mariscal castelán fora executado en Vilamaior de Mondoñedo un 17 de decembro de 1483.

Nesta edición, na que se cumpren 18 anos do inicio da celebración medieval, haberá máis actividades e sorpresas ca nunca. Niso se implicaron institucións, asociacións, particulares e concello, que destinou 60 mil euros de orzamento á feira.

Logo do concerto folk de Leña Verde do venres, o sábado celebrarase o Día do Turista. Dende primeira hora da mañá sae a comitiva formada polo Merino, Merina e soldados do Mariscal Pardo de Cela cara a catedral para proceder á apertura do mercado medieval. A partir dese momento, desfile de persoeiros por toda a cidade, degustación de liscos de balde, pan viño e cervexas, venta de xarras conmemorativas, exhibición de cetrería... un longo listado de actividades que rematarán coa cea medieval e un espectáculo que corre a cargo de Saltimbankis e Circo Atraspiés, ademais da actuación dos Festicultores.

Xa o domingo, repetiranse moitas actividades e O circo dos Miragres será o encargado da actaucio´n, nunha xornada que clausurará a festa cara ás dez e media da noite. 

 


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: