Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DO TRIUNFO EN GETXO

Galiza, campioa na primeira Liga de Traíñas feminina

A embarcación galega adxudicouse de xeito matemático a vitoria na Eusko Tren, a falta de dúas regatas para o remate da competición.

Redacción - 11:00 03/08/2009

As remeiras galegas demostraron esta fin de semana que vogando non hai quen lles gañe. A súa embarcación impúxose con superioridade na Ikurriña de Getxo, sexta regata puntuábel para a I Liga Euskotren (ACT) disputada en augas biscaíñas. A falta de dúas probas aseguráronse matematicamente o triunfo absoluto na primeira competición feminina de traíñas.

Formada por remeiras de Sanmertolaméu, Cabo de Cruz e Chapela, a embarcación galega non tivo rivais. Gañadoras en cinco das seis probas disputadas até o de agora, marcaron un tempo de 11:05:17, avantaxando en 9:09 a Biscaia; en 12:08 a Guipúscoa e en 1:11:02 a Cataluña. Co taboleiro clasificador como segue:Galiza suma xa 23 puntos; Biscaia 15; Guipúscoa 14 e Cataluña 5; as galegas teñen xa asegurado o título da liga, malia que a competición non rematará até os días 15 e 16.

Así, as deportistas do "Galicia Rianxeira" demostraron o seu bo estado de forma nesta primeira edición da competición. Saíron ao mar no seu debut no Grove o pasado 11 de xullo e, dende aquel segundo posto, ascenderon rapidamente á elite do remo feminino. Gañaron en Pontevedra e, dende entón, todas as súas participacións foron vitorias: en Pedreña, Arkote, Zumaia e agora Getxo. As 23 remeiras demostraron así que Galiza é invencíbel na categoría feminina das regatas de traíñas.


Ligazóns

5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



As remeiras galegas xa son campionas da liga ACT
As remeiras galegas xa son campionas da liga ACT
Das seis probas desputadas, as galegas venceron en cinco
Das seis probas desputadas, as galegas venceron en cinco
A tripulación está formada por remeiras de Sanmertolaméu, Cabo de Cruz e Chapela
A tripulación está formada por remeiras de Sanmertolaméu, Cabo de Cruz e Chapela
As galegas teñen xa asegurado o título da liga, malia que a competición non rematará até os días 15 e 16 / Imaxes: Juan Castanedo
As galegas teñen xa asegurado o título da liga, malia que a competición non rematará até os días 15 e 16 / Imaxes: Juan Castanedo