Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Riscos dos parques de vento

Un informe científico repara na "síndrome da turbina eólica"

Vencellan o ruído e vibración dos muíños próximos a núcleos de poboación co aumento de diversos problemas de saúde.

Redacción - 10:45 02/08/2009

Vertixe, migrañas, problemas de corazón, ataques de pánico, falta de sono... Son algunhas das enfermidades que, presuntamente, abrollan en gran número en zonas demasiado próximas a parques eólicos. Así o conta este domingo unha reportaxe do xornal británico The Independent, facéndose eco do estudo publicado este ano por unha doutora estadounidense.

A investigación, realizada por unha médico de Nova York, debullou durante cinco anos os casos de xente que vive perto das turbinas eólicas en diferentes áreas non só dos Estados Unidos senón tamén do Reino Unido, Italia, Irlanda e Canadá. Froito desta análise, concluíu identificando o que bautizou como a "síndrome da turbina de vento". Trataríase dun conxunto de problemáticas iniciadas pola afectación do oído interno debido aos sons de baixa frecuencia xerados polos muíños eólicos. Desde a industria eólica rexeitan as acusacións da doutora, argumentando que se trata dunha mostraxe demasiado pequena como para ser tida en consideración.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: