Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe do Consello de Contas

Á porta dos comicios seis de cada dez concellos non renderon contas co órgano fiscalizador

A peneira do exercicio 2006 amosa que un maior número de gobernos locais que burlaron o control do Consello.

Europa Press - 18:00 29/07/2009

O conselleiro maior do Consello de Contas, Antonio López Díaz, revelou este mércores que a porcentaxe de concellos que renderon contas en prazo baixou ao 36% --115 concellos-- no ano 2006, con respecto ao anterior exercicio, no que o fixeron o máis da metade dos 315 corporacións galegas --un 52% -- , e atribuíu este "descenso" á introdución de novas normas de contabilidade no ámbito municipal e aos "cambios" provocados polas eleccións municipais de 2007.

Tras reunirse coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, á que lle entregou o informe fiscalizador correspondente ao exercicio de 2006 --o primeiro que fiscaliza a xestión do bipartito--, o conselleiro maior vinculou este "negativo" cambio de tendencia na rendición de contas da Administración local á proximidade dun proceso electoral que "coincidiu" nun momento no que as entidades locais debían "aprobar as contas" do exercicio para remitilas "antes de outubro de 2007". As "alteracións" na composición política dos concellos a causa do proceso electoral tamén dificultaron a presentación das contas, segundo recolle o informe. Malia todo, a 30 de abril de 2009, data na que se pechou este informe, só 9 concellos non renderan aínda as súas contas e entre eles non se atopaba ningunha de sete grandes cidades galegas.

Neste contexto, López insistiu na necesidade de realizar un esforzo "conxunto" de todos os implicados --concellos, deputacións, Xunta e o propio Consello de Contas-- para "mellorar" a rendición das entidades locais. Segundo avanzou, a entidade fiscalizadora está "a punto" de introducir un procedemento de rendición telemática para "facilitar" os trámites aos concellos.

"Deficiencias" en contabilidade patrimonial
O informe presentado este mércores recolle a memoria de actividades do ano 2006 do Consello contas, entre as que se inclúe a "conta xeral da Comunidade" que, segundo López Díaz, reflicte "razoabelmente" a actividade económica desenvolvida no exercicio 2006, aínda que presenta "algunhas deficiencias reiteradas" en materia de contabilidade patrimonial. Segundo explicou, estas "deficiencias" refírense á valoración de inventarios e amortizacións, ás que "non se pon tanta atención" no sector público como no privado".

Ademais, preséntanse tres informes específicos, o primeiro deles sobre a actividade subvencional para federacións e clubes deportivos --entre os anos 2002 e 2005 --. Un segundo informe refírese á adquisición de implantes cirúrxicos polo Servizo Galego de Saúde -- sobre 2007 -- , así como informes sobre disciplina urbanística -- que analiza os exercicios 2005 e 2007-- .

Traballo "rigoroso" O conselleiro maior negouse a afondar sobre o contido do informe para "non desvirtuar o seu rigor". "Accedan ao seu contido a través da web", aconsellou aos xornalistas, aos que lles recordou que o estudio "forma parte" da "esencia" do funcionamento "democrático" do país. Na mesma liña, a xefa do Lexislativo, Pilar Rojo, cualificou de "rigoroso" traballo do órgano fiscalizador, aínda que eludiu pronunciarse sobre as súas conclusións. "Non corresponde á presidenta da Cámara enxuizar o contido dos informes", xustificou.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: