Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Proposta de Xuventudes Socialistas de Ourense

Por que non se publican todas as facturas dos concellos e deputacións?

Actualmente a lei permite que os contratos por obras de menos de 50 mil euros e os de menos de 18 mil no resto se adxudiquen directamente.

Redacción - 18:00 29/07/2009
Antía García e Jonathan Da Silva

Antía García e Jonathan Da Silva

A Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público deixa unha certa marxe de liberdade a concellos e deputacións para a adxudicación dos denominados 'contratos menores'. Isto é, aqueles que no caso de obras a súa contía sexa inferior a 50 mil euros, ou a 18 mil no resto.

Esta excepción permite axilizar certas intervencións por parte da administración local. Porén, tal e como denuncian dende as Xuventudes Socialistas, tamén "permite aos xestores actuar cunha grande opacidade na contratación por importes que supoñen unha porcentaxe notábel do seu orzamento".

É por isto que as mocidades do PSdeG en Ourense propoñen que as facturas derivadas de contratos exonerados de licitación -os 'contratos menores'-, "tanto de municipios como da Deputación de Ourense", sexan "escaneadas e publicadas nas webs dos concellos" ou, de estes non teren unha, "na do organismo provincial".

As XX.SS ourensás queren que a iniciativa se estenda a todos os entes da provincia, especialmente ao concellos máis pequenos cun duplo obxectivo: "titelar con rigorosidade a que se destina o erario local até o último dos gastos" e "avaliar documentalmente a eficiencia do político como xestor", segundo apuntou este mércores o secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva.

"Maior participación, transparencia e eficiencia"

"Os medios tecnolóxicos deben servir para promover unha maior participación dos cidadáns, unha maior transparencia e unha maior eficiencia", apuntaron en conferencia de prensa. Antía García, vicesecretaria xeral, aclarou que "as administracións deben manter as marxes de manobrabilidade previstas na Lei, por axilidade" mais, con esta proposta, de xeito "compatíbel coa transparencia".

A organización xuvenil fará chegar a suxestión ás institucións da provincia por medio dunha proposta de moción que remitirán, para que estuden a posibilidade de a levar a pleno, a todos os grupos municipais do PSdeG así como ao da Deputación, e aos concellos sen representación socialista mediante unha instancia dirixida aos alcaldes.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: