Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
15 MIL EUROS DE PREMIO

A aveirense Rosa Alice Branco gaña o Espiral Maior de poesía

O seu 'O gado do Senhor' impúxose a outros 200 libros procedentes de Galiza, Portugal, Brasil e Angola.

Redacción - 18:40 24/07/2009

En palabras do xurado, formado por Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Anxo Fernán Vello, a obra gañadora, "O gado do Senhor", contén unha proposta poética que leva a cabo un discurso crítico e unha glosa irónica sobre a Biblia, centrada na consideración da inxustiza que representa a morte consentida pola Providencia. A obra gañadora denota igualmente un grande dominio técnico, tanto na composición do poema como no ritmo sintáctico e une unha gran intensidade dramática en equilibrio cunha ollada serena sobre a realidade inmediata.

Á actual convocatoria presentaronse un total de 198 libros, procedentes de Galicia, Portugal, Angola e Brasil e, en declaracións efectuadas polo xurado, contou a presente edición cun dos niveis máis altos de calidade observados na historia do certame. O Premio de Poesía Espiral Maior, dotado con 15.000 euros -o que o converte nun dos galardóns poéticos máis dotados economicamente da Península Ibérica-, supón, a maiores, a publicación da obra, cunha tiraxe de 2.000 exemplares, na Colección de Poesía de Edicións Espiral Maior.

A autora
Rosa Alice Branco (Aveiro, 1950), con máis de dez libros de poemas publicados, ao que se une unha importante obra ensaística, está considerada na actualidade como unha das máis importantes poetas portugueses contemporáneas. Doutora en Filosofía Contemporánea pola Universidade Nova de Lisboa, na actualidade e profesora de Teoría da Percepción na Escola Superior de Artes e Design de Matosinhos. A súa obra poética foi traducida a numerosos idiomas, entre eles o español, francés, alemán, inglés e árabe.


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: