Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'ARRAIANO MAIOR'

Ferrín, o home da raia

O escritor recibiu este domingo o receñecemento no marco dunha festa que se celebrará na Madalena (entre Lindoso e Lobios).

Redacción - 10:00 26/07/2009

A Asociación Arraianos acordou na súa xuntanza do pasado 20 de xuño por unanimidade entregarlle ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín o Recoñecemento como Arraiano Maior da Raia Seca 2009, pola súa "longa traxectoria na defensa e na proxección exterior da identidade e da cultura arraianas". Esta distinción vai ser entregada todos os anos no marco da festa transfronteiriza da Madalena, entre Lindoso e Lobios, e que este ano se celebra este domingo 26 de xullo.

Durante a xornada festiva e de homenaxe haberá varias actividades que empezan ás 11 da mañá. Haberá un roteiro literario guiado cun recital poético, dende Ludeiros (Lobios) até a fronteira, que transcorre polo corazón do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, ao pé da serra de Santa Eufemia e que pasa pola sobreira centenaria do Bubán. Logo haberá un xantar popular e xa pola tarde, ás 16:30 será o acto de recoñecemento propiamente, na centenaria carballeria da fronteira da Madalena, xa no lado portugués da Raia Seca, na freguesía de Lindoso.

Programa
11.00 Reunión en Ludeiros (Lobios)
11.30 Lectura do manifesto da andaina.
12.00 Saída cara a Madalena.
12.30 Parada na sobreira centenaria do Bubán e lecturas.
13.15 Chegada a Madalena.
14.00 Comida arraiana na carballeira e tertulia de sobremesa
16.30 Entrega do recoñecemento como Arraiano Maior da Raia Seca a Xosé Luís Méndez Ferrín. Achegas poéticas das Redes Escarlata.


4/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: