Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Sae a verdade sobre o 'Domingo Sanguento'

A cadea de televisión británica Channel 4 difundiu na noite do luns o contido dunha comunicación da radio militar inédita, de hai 28 anos, na que se proba que aos soldados británicos ordeáraselle tirar a mantar durante o "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Irlanda do Norte. Esta gravación saíu á luz pública o día en que o alto maxistrado británico abriu unha investigación pública para tentar saber o que aconteceu de verdade aquela noite en Derry, cando morreron 14 manifestantes católicos en estrañas circunstancias a mans do exército británico o 30 de xaneiro de 1972. Esta cinta fora gravada dous días antes dos feitos por un radioafeccionado. Poden ver a reportaxe sobre estes feitos en vídeo nesta páxina do Channel 4 e un especial sobre este tema na BBC. Sobre a situación actual no Ulster poden atopar información no Canal Mundo de Vieiros.

- 17:49 28/03/2000
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: