Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Outro adiamento

Galiza queda apartada unha vez máis da TDT

A área técnica de Compostela é a única do Estado Español en non ter aínda data para o apagamento analóxico. Ourense Leste farao o 13 de outubro.

M. del Río - 12:30 16/07/2009
Datas previstas inicialmente para o apagón en Galiza

Datas previstas inicialmente para o apagón en Galiza

Galiza queda, unha vez máis, excluída do proceso de transición á televisión dixital terrestre. Aínda que, desta vez, é aínda máis patente. A área técnica de Santiago de Compostela convértese na única de todo o Estado Español que aínda non ten data para o apagón analóxico.

O Ministerio de Industria xa fixou para o mes de outubro as datas en que se deixará de recibir a televisión analóxica nas zonas incluídas na fase I, que tiña como data límite o 30 de xuño e que non puideron cumprir nun primeiro momento. A falta de cobertura e de implantación da nova tecnoloxía foron os motivos polo que o ministerio decidira adiar un proceso que, advirte, é irreversíbel.

As comunidades autónomas que teñen que agardar até despois do verán son Euskadi, Castela e León, parte de Andalucía e Galiza. Aínda así, o noso país vai ter un apagado analóxico asegurado. Será na área técnica de Ourense Leste, compartida con Zamora Norte. Nesa zona do sueste de Galiza, a televisión analóxica está previsto que se apague o 13 de outubro. Serán os concellos do Bolo, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Larouco, Laza, Manzaneda, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.

Segundo informan dende o Ministerio de Industria, a demarcación de Compostela é a única das previstas na fase I que non cumpriu as condicións requiridas de cobertura e de penetración "suficientes". Porén, afirman que se está a traballar coa Xunta para "poder fixar unha data canto antes".



5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: