Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'MALES DE CABEZA'

En Polonia escriben teses en galego sobre Fran Alonso

Joanna Włodarczyk, tradutora do libro ao polaco, defendeu Universidade de Varsovia un traballo sobre a lingua empregada polo autor.

Redacción - 10:45 19/07/2009

Trátase da primeira tese de licenciatura en galego que se presenta en Polonia. A súa autora, Joanna Włodarczyk, foi a tradutora de Males de Cabeza (Xerais 2001) ao polaco, e agora vén de defender a súa tese de doutoramento sobre a obra de Fran Alonso. Włodarczyk leu o seu 'Vocabulario cosmofrán: referencias e autoreferencias na obra de Fran Alonso e as súas implicacións na tradución ao polaco de Males de cabeza' na titulación de Estudos Culturais (especialidade de Estudos Ibéricos) na Facultade de Linguas Modernas da Universidade de Varsovia o pasado día 18 de maio, baixo a dirección do doutor Gerardo Beltrán.

Joanna Włodarczyk tamén traduciu ao polaco un relato de Cartas de amor ("To, o co nigdy nie pytałeś"), de Alonso. Así mesmo, Karolina Franaszczuk publicou recentemente na revista polaca Policromía o artigo Tłumaczac Frana Alonso ("Traducir a Fran Alonso").

"A automoción e a banca reciben moitas máis axudas públicas cá cultura" (Entrevista en Vieiros 15-12-2008)


3,89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: