Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na Fundación Caixa Galicia

Mundos Dixitais: A animación e o 3D despídense este sábado da Coruña

O evento pechará as súas portas coa entrega dos premios do Festival Internacional de Animación, ás 17.30 horas.

Redacción - 20:15 10/07/2009

O festival Mundos Dixitais, que se celebra na Fundación Caixa Galicia da Coruña organizado pola Secretaría Xeral de Medios, pechará este sábado as súas portas logo de catro días de últimas tendencias e estreas en cinema de animación, videoxogos e deseño en 3D.

A xornada de clausura comezará ás 10.00 horas coa presentación de Genoma Animation e La Catedral. Tras un intenso día de proxeccións de diversas producións e estreas, así como explicacións de traballos cinematográficos como o éxito de taquilla 'Anxos e Demos', o evento pechará coa entrega dos premios do Festival Internacional de Animación, a partir das 17.30 horas.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: