Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PROTESTAS DOS CREGOS

Proxectan a primeira película en Arabia Saudí despois de 30 anos de prohibición

Así e todo, as mulleres maiores de dez anos seguen tendo vedado ir ao cinema.

Redacción - 14:00 10/07/2009

O poder relixioso que impera en Arabia Saudí levaba trinta anos mantendo a prohibición de exhibir filmes no país, pois os cregos ven en actividades artísticas coma o cinena, o perigo da socialización entre ambos sexos, e a violación dos valores do Islam. A pasada fin de semana produciuse o fito histórico, tan normal en calquera outro lugar do mundo, da proxección pública dunha película. A actividade realizouse nun centro cultural do goberno en Riad, e o filme proxectado foi o saudí 'Menahi', producido polo príncipe Alwalid bin Talal.

Porén, á proxección só puideron asistir homes e nenas de menos de dez anos de idade. Así e todo, os sectores máis conservadores criticaron a autorización, e mesmo un grupo de homes se situou na porta da sala, tratando de desistir aos interesados en ver a película de que entrasen.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: