Balbordo, o Equipo de Normalización Lingüística do centro publicou no seu blog dúas curtas para lembrar que 'En galego estamos no mundo'. Vídeos no interior.
O Equipo de Normalización Lingüística do IES 'Auga da Laxe', de Gondomar, 'Balbordo', ten unha actividade moi intensa na defensa do idioma, como obradoiros de camisolas, ou marcapáxinas. Agora presenta dúas curtas, realizadas por alumnos do centro, de todos os niveis, que comparten o obxectivo de reivindicar que "en galego estamos no mundo". Titúlanse 'Déixate mollar', coa chuvia como protagonista, e 'Abre a fiestra. Non teñas medo', que sitúa o noso idioma como lingua do mundo.
Podes ver as curtas na columna da dereita.