Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Venres, ás 21h30, en Vigo

Portugal xoga “na casa” e contra España o paso á final do Mundial de Hóckey

A selección estatal sufriu para vencer á Suíza e poder xogar contra os lusos o seu pase á final. Polo seu lado, os portugueses chegan con autoridade, impoñéndose a Francia por 4-2.

Redacción - 13:00 10/07/2009
Os portugueses celebrando a vitoria fronte a Francia

Os portugueses celebrando a vitoria fronte a Francia

A selección portuguesa de hóckey asegurouse o seu pase ás semifinais do Mundial de Vigo vencendo a Francia por 4-2. Polo seu lado, a selección española venceu, con abondos esforzos, a Suíza, por 4-1. Ámbolos dous combinados hanse enfrontar nas semifinais, na noite deste venres ás 21h30, no Ifevi. O partido retransmitirao Teledeporte, en directo.


Unha selección forte
A lusa é unha selección moi forte e consolidada, que chegou a estas semifinais vencendo aos EUA por 15-1; a Chile por 4-2; perdendo contra Arxentina pola mínima (3-2); e gañándolle a Francia por 4-2.

A pesar de que o partido contra Francia foi "moi duro", segundo sinalou o veterano xogador luso Ricardo Pereira, o combinado atópase motivado e en forma para vencer á selección española, xa que xogar en Vigo non é para eles, dixo, "unha desvantaxe": "nós tamén estamos a xogar na casa, e iso está máis do que demostrado", recalcou.

Tamén pensa o mesmo unha das novas incorporación da selección de Portugal, Pedro Afonso, quen dixo que o encontro deste venres "vai ter un gran ambiente, cun pavillón cheo e dúas afeccións animando: é unha verdadeira final". Polo seu lado, o adestrador portugués, sinalou que o España-Portugal vai ser un gran partido, aínda que con un resultado incógnito: "o que é seguro é que han pelexar os dous mellores equipos do mundo, e será un gran espectáculo".

Espectáculo en Vigo
Polo seu lado, a selección española conseguiu o seu pase a semifinais vencendo, non sen esforzo, o combinado Suízo. Os de Carlos Feriche comezaron perdendo o encontro, véndose obrigados a remontar un gol inicial. A vitoria chegou na segunda parte, cando os xogadores españois conseguiron outros tres tantos, que deixarían o marcador a 4-1.
A selección española chegou ás semifinais vencendo por 7-0 a Mozambique; por 16-0 a Colombia; por 3-2 a Angola;e por 4-1 a Suíza.

Os horarios deste venres
Tras a disputa dos cuartos de final, a xornada de semifinais tanto en Vigo coma en Pontevedra para o venres fica como indicamos a seguir:

Vigo (Ifevi)

16h30: Angola e Italia, xogan os postos quinto e oitavo.18h15: Tamén polas posicións quinta á oitava, Suíza-Francia.
19h45: Nas semifinais mídense Brasil e Arxentina
21h30: Na outra semifinal, España-Portugal.

Pontevedra (Pavillón Municipal)
19h45 e 21h30
: Loitando polo Trofeo Cidade de Pontevedra e os postos do 9 ao 12, Mozambique-Alemaña e Colombia-Chile (21h30).
Polos puestos do 13 ao16 (descienden os tres últimos ao Mundial B), Holanda-EUA (16h30) e Andorra-Inglaterra (18h15).


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe do España-Suíza
Imaxe do España-Suíza
A afección portuguesa, acompañando o seu equipo no partido contra Francia
A afección portuguesa, acompañando o seu equipo no partido contra Francia
Momento do Portugal-Francia
Momento do Portugal-Francia