Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'O MUSEO DA INOCENCIA'

A última novela do Nobel Pamuk, antes en galego que en castelán

Galaxia edita na nosa lingua esta obra, que polo de agora só se pode ler no seu orixinal turco e mais en alemán.

Redacción - 19:15 08/07/2009

Galaxia publicou A Casa dos Encontros, de Martin Amis, en 2006; cando nese tempo lle preguntaron a Amis nunha entrevista en Inglaterra que lle parecía que unha das primeiras traducións da súa última obra fose a galega, contestou que estaba moi ben, porque grazas a esa tradución soubera que nun recuncho da Península había un lugar no que falaban unha lingua chamada 'Galego'. As tradución, nun ou noutro sentido, abren camiños para unha lingua.

A editorial viguesa vén de presentar a edición galega da última novela do Nóbel Orhan Pamuk, O museo da inocencia, unha obra que polo de agora só se pode ler en turco e alemán, ademais desta versión realizada por Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos. Este éxito de Galaxia, que ten o compromiso de editar toda a obra do autor de Estambul, únese a outros recentes, como o de publicar as últimas entregas de Harry Potter ao mesmo tempo que a edición castelá, ou o de sacar á rúa as novidades de Murakami antes ca no resto das linguas peninsulares.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: