Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CERTAME EN REDE

Tres días para estrullar a creatividade na procura dunha imaxe para o galego

A piques de rematar o prazo de recepción de traballos, continúan a chegar creativas e persoais achegas audiovisuais e fotográficas.

Redacción - 08:00 07/07/2009

Dende a directa e manifesta chamada á defensa do galego até a metáfora máis ocorrente. Entre os vídeos chegados á redacción de Vieiros podemos atopar singulares e imaxinativas propostas audiovisuais cun obxecto en común, a nosa lingua. Así, por exemplo, contamos coa orixinal proposta de Suso Sanmartín, quen fai unha chamada simbólica ante a disolución da "doce e melodiosa fala galega" nas augas do café español.



Outra proposta é a de Cruz Martínez, quen constrúe unha mensaxe audiovisual partindo da física do propio corpo, no que acha un símbolo de identidade, paralelo ao lingüístico, para deixarnos unha contundente ensinanza: "está na nosa man".



Até o 10 de xullo

Até o vindeiro venres, Vieiros continuará a recibir as achegas, tanto audiovisuais como escritas, que queirades facer ao concurso. Logo duns pequenos problemas técnicos, xa solucionados, decidimos ampliar o prazo até este 10 de xullo, polo que agardamos que tamén se incremente o número de traballos presentados (máis dun cento de fotografías e oito vídeos).

Así que aínda estades a tempo de optar aos premios que levarán respectivamente os gañadores: unha cámara fotográfica e unha videocámara. Lembrade que os vídeos non poderán durar máis de catro minutos e que só vos pedimos orixinalidade. No caso das fotografías, deben de ser necesariamente imaxes, non deseños, e estar acompañadas dun pequeno texto explicativo. Consultade aquí as bases completas e animádevos!


Ligazóns

4,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: